Evidencia UPP

0 comentarios comentarios

Evidencia UPP

AVALIACIÓN E CLASIFICACIÓN
DA EVIDENCIA

 

As evidencias científicas e recomendacións expostas nesta guía práctica foron o resultado da avaliación e análise das fontes de información bibliográfica consultadas como referentes (guías de práctica clínica, guías baseadas na mellor evidencia, outros documentos baseados en evidencia, revisións sistemáticas e artigos orixinais), para a elaboración da mesma polo método de lectura crítica e consenso por grupo nominal entre autores e panel de expertos.
 
A clasificación do nivel de evidencia e gradación das recomendacións mantívose respectando a fonte orixinal consultada e a escala de evidencia que utilizou. Para iso, seguiuse o método que desenvolve o CENETEC (Centro Nacional de Excelencia Tecnolóxica en Saúde) de México na elaboración das suas Guías de Práctica Clínica (GPC):
Clasificar co símbolo [E] a aquelas evidencias que aparecen publicadas nalgunha GPC, seguidas pola súa clasificación alfanumérica (calidade do estudo, se esta referenciada) e cita bibliográfica.
Categorizar co símbolo [R] a aquelas recomendacións identificadas por algunha GPC, seguidas pola súa forza de recomendación (por niveis A-B-C-D, en orde decreciente segundo a importancia clínica, ou pola súa gradación en alta-moderada-baixa evidencia).
Identificar co símbolo [BP] a aquelas accións e / ou actividades consideradas como boas prácticas, que non están referenciadas ou avaladas por ningunha GPC, pero que aparecen noutros documentos baseados na evidencia (guías de boas prácticas clínica, vías clínicas, protocolos baseados na evidencia, etc.) e cuxa evidencia se obtivo a través de revisións sistemáticas, metaanálisis, ensaios clínicos, etc.
 
As escalas sobre o nivel de evidencia e grao de recomendacións que se describen nos contidos desta guía práctica, pódense consultar a través das fontes bibliográficas referenciadas na táboa resumen de recomendacións / evidencias.

 GUIA 1 EVIDENCIAS.pdfGUIA 1 EVIDENCIAS.pdf

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde